Matemáticas/Sistemas de ecuacións/Expoñentes

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

A notación xn indica a cantidade que se obtén ao multiplicar x por si mesmo n veces. Por exemplo, x2=x⋅x e x3=x⋅x⋅x. A cantidade n denomínase a potencia ou o expoñente de x.

Cando dúas potencias de x se multiplican, súmanse os expoñentes:

(xm)(xn)=xm+n

É fácil de explicar cun exemplo sinxelo:

x2x3=(x⋅x)(x⋅x⋅x)=x5

Por definición, todo número elevado á potencia 0 é a unidade:

x0=1

Por tanto:

xnx−n=x0=1
x−n=1xn

Cando dúas potencias de x se dividen, réstanse os seus expoñentes:

xnxm=xnx−m=xn−m

Estas regras permiten deducir tamén que:

x1/2⋅x1/2=x
x1/2=x

Cando unha potencia se eleva a outra potencia, os seus expoñentes multiplícanse:

(xn)m=xnm