Física/Preliminais/Análise dimensional

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

A análise dimensional é unha ferramenta que nos permite descubrir rapidamente se estamos a cometer un erro no noso cálculo. A forma máis sinxela de explicalo é cun exemplo. Supoñamos que queremos atopar a velocidade dun teléfono móbil pero cometemos erros no noso cálculo. O primeiro que debemos facer é substituír cada variable e constante polas súas unidades (se as ten) entre corchetes. Lembremos que unha magnitude sen unidades chámase adimensional.

A velocidade vén dada por:

v=xt

Substituíndo polas súas magnitudes:

[velocidade]=[L][T]

Coñecer as unidades dunha magnitude

Supoñamos que queremos averiguar as unidades da constante gravitacional G. Sabemos que a fórmula de Newton para a forza da gravidade vén dada por:
𝐅=Gm1m2|𝐫|2𝐮^r

Resolvendo a constante G e tomando valores absolutos obtemos:

|G|=|𝐅||𝐫|2m1m2

Onde G = Constante de gravitacion universal, r = a distancia entre os centros das masas, e m1 e m2 = as masas dos obxectos que interactúan.

Usando análise dimensional:

[G]=[N][m]2[Kg]2=[Kgms2][m]2[Kg]2=[m]3[Kg][s]2

Onde N = Newtons; m = metros; Kg = quilogramos e s = segundos

Como vedes, a análise dimensional é unha ferramenta básica que nos aforrará moitos problemas e nos guiará na resolución de problemas de física.