Matemáticas/Sistemas de ecuacións/Ecuacións lineais

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Modelo:ÍndiceNaDereita

As ecuacións lineais son aquelas onde as variables aparecen elevadas só á primeira potencia; dado que un número elevado á primeira potencia é igual a si mesmo (x1=x), pode dicirse que as ecuacións lineais son aquelas nas que as potencias non entran en xogo.

Representación gráfica da ecuación lineal y=mx+b, onde b é a ordenada na orixe e m=Δy/Δx é a pendente.

Unha ecuación lineal que relacione x e y pode expresarse do seguinte xeito:

y=mx+b
Onde m e b son constantes.

Na imaxe da dereita pode verse a representación gráfica dos valores de x e y que satisfán a ecuación.

  • A constante b, denominada ordenada na orixe, é o valor que toma y para x=0.
  • A constante m é a pendente da liña, que é igual ao cociente entre a variación de y e a variación correspondente de x.

Na imaxe indicáronse dous puntos da recta, x1,y1 e x2,y2, e as variacións Δx=x2x1 e Δy=y2y1. Polo tanto, a pendente m é:

m=y2y1x2x1=ΔyΔx

Se non se coñece nin o valor de x nin o valor de y, non hai unha solución única para os seus valores. Calquera par de valores x1,y1 da liña da imaxe satisfará a ecuación.

Dadas dúas ecuacións coas mesmas incógnitas x e y, poden resolverse mutuamente ambas para calcular simultaneamente as súas incógnitas.