Matemáticas/Sistemas de ecuacións/Ecuacións de segundo grao

De testwiki
Saltar á navegación Saltar á procura

Denomínanse ecuacións de segundo grao aquelas que conteñen a incógnita elevada ao cadrado. A súa forma estándar é a seguinte:

ax2+bx+c=0
  • Onde a, b e c son constantes.

A solución xeral desta ecuación é:

x=b±b24ac2a
  • Cando b2>4ac, existen dúas solucións correspondentes aos signos + e .
A imaxe da dereita mostra un gráfico de y en función de x onde y=ax2+bx+c. A curva, denominada parábola, corta o eixo x dúas veces. Os valores de x para os que y=0 son as solucións da ecuación de segundo grao.
  • Cando b2<4ac, a curva non corta o eixo x, e non existen solucións reais da ecuación de segundo grao.
  • Cando b2=4ac, a curva é tanxente ao eixo x (tócao nun punto) no punto x=b/2a.